Quen somos

 

 

A FUNDACIÓN EMALCSA CONSTITÚESE POLO CONCELLO DA CORUÑA E A SÚA EMPRESA PÚBLICA MUNICIPAL "EMALCSA", AO SERVIZO DE FINS DE INTERESE XERAL NOS ÁMBITOS DOS ASUNTOS SOCIAIS, DEPORTE, CULTURA, EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E URBANO. 

 

 

A entidade fundadora é a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña S.A. “EMALCSA”, cuxo capital social pertence na súa totalidade ao Concello da Coruña. En consecuencia, a Fundación EMALCSA forma parte do sector público local aos efectos previstos na normativa de aplicación

A Xunta Xeral de EMALCSA, formada pola totalidade de concellerías que forman o Concello Pleno da Coruña, mediante acordos de data 15 de Xuño de 2009 e 7 de xullo de 2011, aprobou a constitución da Fundación EMALCSA..

A Fundación EMALCSA foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o 17 de febreiro de 2012, ante o notario José Guillermo Rodicio Rodicio, co número de protocolo 284, modificada por outra outorgada tamén na Coruña, o 2 de abril de 2012, ante o notario Isidoro Antonio Calvo Vidal, con número de protocolo 385.

A Fundación EMALCSA foi clasificada como de interese asistencial, de fomento da economía social, educativa, deportiva e cultural e adscrita ao protectorado da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por orde de 30 de abril de 2011 (Diario Oficial de Galicia de 2 de maio de 2012).

A Resolución da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 9 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia de 16 de maio de 2012) declara de interese galego á Fundación EMALCSA e ordena a súa inscripción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.


 

 

A inscripción realizouse con número 2012/6




 

Concello Coruña

Emalcsa

bicicoruña

coruña-futura

Picasso

Exposición Picasso